26.3.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (26 marzo 2006)


Etiquetas:

20.3.06

“SEIXAL” – Evolución (20/03/2006)





Seixal, como se pode apreciar na foto, ten unha curiosa e sorprendente cor verde. Non é que mudara a pel para lucir con esta tonalidade, senón o resultado de tantos días de tratamento aplicándolle un desinfectante que ten esa cor e que pouco a pouco foille tinguindo a pelaxe. Por primeira vez na nosa experiencia con Lobos Mariños, non precisamos máis ca un coidador para tratar unhas feridas. Lonxe de revirarse mentres se lle están a limpar, sube por riba das pernas do compañeiro deixándolle as extremidades posteriores dispostas para ser manipuladas sen dificultade. Este comportamento trouxo máis dunha ca outra trabada ao que facía o traballo e nestes derradeiros días xa temos que poñer distancia porque adquiriu forza e se amosa máis agresiva. Un bo síntoma. Disfruta do baño dende fai uns días.

Etiquetas:

EXPOPOSICIÓN ITINERANTE: "Culleredo" (A Coruña) - (20/03/2006)

Etiquetas: ,

19.3.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – 19 marzo 2006)


Etiquetas:

14.3.06

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Riscado (Stenella coeruolealba)


GOLFIÑO RISCADO (Stenella coeruoleoalba)
Costa da provincia de A Coruña

Etiquetas:

12.3.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (12 marzo 2006)


Etiquetas:

11.3.06

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Toniña ( Phocoena phocoena)


TONIÑA (Phocoena phocoena)
Varamentos na costa da provincia de A Coruña

Etiquetas:

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)


GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)
Varamentos na costa de A Coruña

Etiquetas:

10.3.06

“SEIXAL” - Evolución (10/03/2006)




Nas primeiras corenta e oito horas da súa chegada nos decatamos de que tiña unha leve infección nas vías respiratorias, o que fixo necesaria a utilización de antibióticos. Nos días sucesivos apareceron outros inconvenientes relacionados coa saúde, entre elas dificultades á hora de defecar (pasou máis se seis días sen facelo). Preocupados, xa que nese tempo o animal estaba a ser alimentada de xeito normal e tentando buscarlle alivio, probamos con canto remedio atopamos, dende aceite de oliva ata Tahini (un derivado do sésamo), cun final feliz. O tratamento das feridas é un capítulo aparte, precisaron de tres curas ao día, nestas primeiras xornadas e para combater a infección houbo que inxectarlle antibióticos. Tiñamos que mollarlle con moita frecuencia o corpo xa que a bañeira non se podía utilizar ata que a evolución das feridas non estivese máis adiantada. Seixal adoptou en todo momento moita enerxía, movéndose entre nós e mordendo canto atopaba, disposta sempre a devorar canto peixe lle botábamos. Foi moi fácil ensinarlle a comer, xa que aprendeu a facelo soa en dous días.

Etiquetas:

A “Casa do Coronel” - Sen tabiques – (10/03/2006)



Unha morea de escombros ocupa o que antes eran dos vivendas con os seus correspondentes tabiques.

Etiquetas:

5.3.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (5 marzo 2006)

Etiquetas:

Lobo Mariño Cincento “SEIXAL” (Halichoerus grypus) - (5/03/2006)




Apareceu na praia do mesmo nome en A Garda (Pontevedra), na puntiña do territorio galego, case escapando para Portugal, o domingo 5 de Marzo. Ese mesmo día desprazarámonos a O Grove para trasladar a BURGO ata o Acuarium Galicia, onde pasaría os últimos días do seu restablecemento. Así que soltamos unha foquiña e retornamos con outra na mesma viaxe. Un compañeiro da CEMMA a trasladou dende A Garda ata o punto de contacto, unha estación de servicio da autopista, preto de Pontevedra. Alí esperaban tamén os veterinarios Josep e María, xa que nos avisaran de que o animal viña ferido.
Cando a tiñamos diante nos causou unha tenrura especial, ¡tan pequena e tan desvalida!. Preocupáronnos as feridas que presentaban as aletas posteriores, dous na aleta dereita que afectaba a outros tantos dedos e na aleta esquerda, entre a primeira e segunda falanxe tiña unha ferida aberta que seccionaba o tendón e deixaba parte do óso ao descuberto. A primeira atención a recibiu en plena autovía, na gasolineira, coa lóxica curiosidade de empregados e usuarios que non daban crédito ao que vían. Se lle limparon as feridas e se aplicou desinfectante. Inmediatamente nos diriximos co animal cara a Ferrol, ata a UCI para Lobos Mariños da Sociedade Galega de Historia natural, habitáculo que non estaba preparado para recibir un novo inquilino, tendo en conta que unhas horas antes outra foca o abandonara para ser trasladada a O Grove. Trala desinfección e preparación do habitáculo, instalouse a SEIXAL, que a pesar das feridas presentaba un bo ánimo e unha gran curiosidade, desprazándose pola estancia, pescudando canto a rodeaba e esa disposición fíxonos pensar que a súa recuperación sería posible, aínda que non rápida.

“BURGO” – Traslado a O Grove (5-03-2006)



Sen dúbida que este lobiño faise querer dunha maneira especial por ese carácter tímido, pero polo mesmo motivo preocúpanos que dependa excesivamente de nos e de nosas atencións. Así que cando consideramos que tiña forza e axilidade, non precisaba medicinas e comía por si só sen problemas, tomamos a decisión, có visto bo do veterinario da CEMMA, de levalo ata o “Acuarium Galicia” para que adquirira forma e peso, nun medio similar ao propio e que perdera a dependencia que puidera ter de nós.
O día anterior e a desgusto, procedemos a pesalo. Era preciso coñecer o peso co que abandonaba a UCI da SGHN e en definitiva cantos quilos gañou mentres estivo a tratamento. A báscula deunos 22 quilos, lonxe de aqueles 11,8 iniciais.
En canto o soltamos marchou a esconderse na caixa da auga, sen ni sequera decatarse que estaba baleira e alí agachou o corpo. Enchemos de auga a bañeira, botámoslle un extra de comida e o deixamos descansar.
O día 5 de marzo saímos con el para a que sería a súa nova casa durante uns meses, a piscina do acuarium. Foi ben acollido por Prado e aceptado por Rinlo. A nosa preocupación de que fose atacado ou que non tivera o seu oco na piscina, afortunadamente se esfumou.

Etiquetas:

4.3.06

A “Casa do Coronel” – (4/03/2006)


Hoxe iniciouse o derribo das paredes no que vai ser o principal espacio expositivo.

Etiquetas:

2.3.06

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Riscado (Stenella coerueoalba)


GOLFIÑO RISCADO (Stenella coerueoalba)
Varamentos na costa de A Coruña

Etiquetas: