15.5.06

Maqueta de CALDEIRÓN COMÚN (Globicephala melas) – (15/05/2006)


Proximamente inaugurarase a maqueta de Caldeirón Común que, con dificultades, como se pode apreciar na foto, introducimos nas instalacións de SGHN. Os seus 4,32 metros de lonxitude constitúen o límite de tamaño que temos para seguir a incorporar novas pezas, mentres non dispoñamos dunha nova sede. O escaso espacio expositivo e as lamentables condicións dun edificio antigo e descoidado, cheo de goteiras e de buratos, coa ameaza constante dun teito inestable, nos fan difícil proseguir coa nosa labor. A pesares de todas as dificultades nós queremos seguir adiante.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio