31.3.07

SANGUE SOBRE O XEO – Canadá inicia a matanza de focas – (Abril 2007)


É moi probable que esta mesma semana comence a cacería de focas, que tristemente, ano tras ano se repite.
Canadá autorizou para 2007 unha cota de capturas de 270.000 animais na súa costa Atlántica. En 2006 foron cazadas 335.000 animais, entre focas de Capelo e Pía. Durante os tres últimos anos a cifra chegou a case un millón de focas. Os animais, segundo a lei, tan só poden ser sacrificados cando teñen 13 ou 14 días de vida e xa presentan a segunda pel, condición que nunha orxía de sangue, como poden imaxinarse, non se cumpre. Os animaliños de ata catro meses de idade, son golpeados na cabeza ata a súa morte, coidando que a súa valiosa pel non sufra. Animais que rara vez tratan de escapar, cousa por outra banda inútil. Moitos grupos ecoloxistas denuncian a esfoladura en vida, xa que coas présas por cubrir a cota establecida quítanlles a pelexa cando os animais seguen a respirar.
Estamos a falar dunha cacería que pode supoñer uns 15 millóns de euros de beneficio, baseado no sangue e no sufrimento de miles de animais.
Para este ano, o goberno de Canadá programou unhas 325.000 mortes, cantidade similar á do ano pasado, pero a evidencia do quentamento global, que se manifesta nunha redución dos xeos, fixo que moitos animais morreran ao pouco de nacer, a causa da diminución das placas de xeo, nas que as femias paren. As pequenas crías vense obrigadas a botarse ao mar antes de tempo, o que ocasiona unha gran mortalidade. Situación que obrigou aos canadenses a aceptar unha cota máis reducida na previsión de matanzas, pero aínda así extremadamente elevada e sempre cruenta.
Respostas políticas como as de Bélxica, que prohibiu a importación de produtos de foca e a do Reino Unido, a piques de facelo, axudarían a deter esta loucura, si se xeneralizasen as presións sobre aqueles países, como Canadá, que seguen a manter as matanzas.
A foquiña da foto, con moi poucos meses de vida, sobreviviu a aquel escenario de destrucción do 2006 e cruzou o Atlántico cara as nosas costas, onde atopou auxilio e coidados. Mirando eses bonitos ollos, non podemos deixar de pensar nos centos e centos de animais, coma este, envoltos no seu propio sangue e abatidos sobre o branco xeo. Pouco podemos facer nós para evitalo, pero si o poden facer os nosos gobernos, impedindo a importación de produtos e subprodutos procedentes de focas. Coa esperanza de que algún día os políticos españois se sumen a esta loita pola vida empezamos unha semana que nos encherá o corazón de tristeza.

Etiquetas: ,

29.3.07

Ciclo de conferencias sobre a “SUSTENTABILIDADE” – Abril e Maio 2007


Ciclo de Conferencias:
“SUSTENTABILIDADE”

Organiza:
Sociedade Galega de Historia Natural
(SGHN)

Colabora:
CONCELLO DE FERROL
Concellería de Medio Ambiente

Lugar/Hora:
ATENEO FERROLÁN – 19:30 horas



Día:
13 de abril de 2007

Tema:
“FUNCIÓN PEDAGÓXICA E DIVULGATIVA
DO ESTUDO DO MEDIO
E DA SÚA PROTECCIÓN”

Relatores:
JUAN IGNACIO DÍAZ D’A SILVA
Coordinador do “Museo da Natureza” (SGHN)
SONIA AGUIAR BEREA
Monitoria Ambiental “Aula de Ecoloxía Urbana”



Día:
19 de abril de 2007

Tema:
“REINDUSTRIALIZACIÓN DA COMARCA
E CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE,
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”

Relatores:
JOSÉ LUIS BARCIA PICOS
Delegado Provincial de Industria
(Xunta de Galicia)
MARÍA RAMOS SANZ
Enxeñeira de Montes


Día:
27 de abril de 2007

Tema:
“SEGURIDADE MARÍTIMA
E TRÁFICO DE MERCADORÍAS PERIGOSAS.
BIOINDICADORES
DA CONTAMINACIÓN MARIÑA”

Relatores:
PAULINO GASALLA ALLER
Capitán da Mariña Mercante
LAURA CARQUIJERO LÓPEZ
(SGHN)


Día:
4 de Maio de 2007

Tema:
“URBANISMO E MEDIO AMBIENTE.
UN PROXECTO ALTERNATIVO
PARA A CIDADE DE FERROL”

Relatores:
MIGUEL REIMUNDEZ GONZÁLEZ
Arquitecto
MANUEL DÍAZ VARELA
Biólogo



Día:
11 de Maio de 2007

Tema:
“A RÍA DE FERROL
E A SÚA SITUACIÓN MEDIOAMBIENTAL”

Relatores:
VICTORIANO URGORRI CARRASCO
Catedrático de Zooloxía Mariña
JOAM LUIS FERREIRO CARAMÉS
Biólogo

Etiquetas:

26.3.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (25 marzo 2007)


Etiquetas:

21.3.07

Mesa redonda "PISCIFACTORÍAS A DEBATE - Ventaxas e inconvintes" - (22 marzo 2007)


O xoves, día 22 de marzo, celebrouse unha mesa redonda dedicada ao tema "Piscifactorías a debate - Ventajas e inconvintes". Actuaron de relatores Elena Carquijero da SGHN e Humberto Fidalgo de ADEGA.

Etiquetas: ,

20.3.07

Un recordo para os CALDERÓNS TROPICAIS (Globicephala macrorhynchus) - O Barqueiro, setembro 1998

Nestes momentos, nos que lamentablemente volve á actualidade a caza de mamíferos mariños, nun exercicio cruento e interesado dalgúns seres humanos, resulta confortable recordar como fai case nove anos, un grupo de persoas xuntáronse para tentar salva-la vida duns animais que, lonxe do seu territorio, chegaron as augas galegas para morrer sobre os brancos areais. Un grupo unido pola cohesión familiar que foi deixando cadáveres aquí e ala, ata que nun derradeiro esforzo tomaron rumbo cara á ría de O Barqueiro, río arriba, cambiando as augas salobres polas doces e a morte do grupo como destino. Despois de varios días parando o envite dos grandes corpos naquel setembro, case ás portas do outono, todos os animais foron quedando nas beiras areosas e tan só tres mudaron propósito e rumbo, escollendo a vida. Neste anaco de vídeo vese, mesturado coa xente de CEMMA, SGHN, CEPESMA e membros de Protección Civil, a aquelas outras persoas que tomaban o sol placidamente un bo día, se viron inmersas na penuria e no caos, facendo barreira á morte e preguntándose ¿por que varan os cetáceos?.

Etiquetas:

Etiquetas:

18.3.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (18 marzo 2007)


Etiquetas:

15.3.07

Presentación do vídeo “MONTE DE SAN XURXO, ESPAZO A PROTEXER” (23 marzo 2007)


A SGHN realizará a presentación do vídeo “MONTE DE SAN XURXO, ESPAZO A PROTEXER” realizado polo membro da Asociación, Pablo García. O pase realizarase o día 23 de marzo, ás 19:00 horas no ateneo Ferrolán.

Etiquetas: ,

Mesa redonda: “DEREITO A UN MEDIO AMBIENTE SAN” – (16 marzo 2007)



O día 16 de marzo (venres), ás vinte horas e no Salón de Actos da Caixa Galicia de Pontedeume, celebrarase unha mesa redonda sobre o “Dereito a un medio ambiente san”, coa participación como poñentes de Nes López por ADEGA e Antonio Gómez pola SGHN.

Etiquetas: ,

13.3.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (11-marzo-2007)


Etiquetas:

12.3.07

Tartaruga mariña común "LUME" - En recuperación (12 marzo 2007)

Etiquetas:

8.3.07

Charla “MUSEO DA NATUREZA, a súa historia” – (7 marzo 2007)


O mércores, 7 de marzo, no Ateneo Ferrolán e organizado pola Asociación de Funcionarios da Administración, celebrouse unha charla sobre a historia do “MUSEO DA NATUREZA” e a súa íntima relación coa SGHN, impartida polo Coordinador do Museo, Juan Ignacio Díaz d’a Silva.

Etiquetas: ,

4.3.07

Recorridos polo "MUSEO DA NATUREZA"

Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (4 marzo 2007)

Etiquetas:

A “CASA DO CORONEL” – Obras (4 marzo 2007)


De novo volve o vello caserón, que vai ser o futuro local da SGHN e do seu “Museo da Natureza”, a ter xente afanada na súa recuperación despois duns meses de soidade e silencio. Retornan os materiais, as ferramentas e os traballadores. Volven tamén as esperanzas.

Etiquetas:

3.3.07

“MUSEO DA NATUREZA” – Novos fondos (2 febreiro 2007)


IGUANA VERDE (Iguana iguana). Orixinaria de América Central, América do Sur e certas illas do Caribe. Chega a alcanzar os 200 cm. de lonxitude. Presenta unha coloración gris verdosa, mostrando a cría unhas cores máis rechamantes. É un animal diúrno que se alimenta de froitos, flores e follas, principalmente. Aparéanse durante Novembro, Decembro e Xaneiro (na tempada seca no Hemisferio Sur), producíndose a posta en Febreiro, Marzo e Abril.

Etiquetas: