1.4.07

Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) – (31 marzo 2007)



O día 31 de Marzo, a última hora da tarde, a CEMMA recibiu o aviso da aparición dunha Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) na praia de Vilarrube, onde foi recollida polos comunicadores que a levaron a o seu domicilio, dando aviso da presenza do animal.
Dende a SGHN de Ferrol, desprazámonos ata Cedeira para facernos cargo da Tartaruga que, lamentablemente, morreu momentos antes de que chegáramos.Trátase dun animal moi pequeno, de 24 centímetros de lonxitude e de apenas 870 gramos de peso, que non presentaba feridas externas e sí unha gran delgadeza.
Esta é a terceira Tartaruga Mariña Común que recollemos na UCI de Tartarugas da SGHN-Ferrol, dos de elas mortas e a terceira, LUME, en recuperación.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio