22.4.07

Unha enganosa beleza – UNLLA DE GATO (Carpobrotus spp) – Abril 2007


Neste mes de Abril florecen as Unllas de gato, tamén chamadas Herba de coitelo, Figos de Hotentote, Unllas de León e Cura callos. Cunha intensa cor rosa-alilada que todo o mundo recoñece, enche o litoral dunha enganosa beleza, xa que se estende como unha alfombra velenosa, mesta e case impenetrable que non deixa lugar ás especies autóctonas de dunas de cantís.
A foto pertence á costa de Foz, pero podería corresponden a calquera parte de Galicia. As autoridades medioambientais, pese a recoñecer que a invasión de especies exóticas é unha das maiores causas da perda de biodiversidade, non atopan remedio efectivo contra esta planta que se apropiou da nosa costa co beneplácito dos seus habitantes, abraiados por esa indiscutible beleza, que tingue de cor a paisaxe.
O mellor método para a súa erradicación, o arrincado das plantas a man para evitala erosión do solo, non axuda tampouco á solución do problema.
Mentres tanto a Unlla de gato avanza imparable pola costa.

Etiquetas: