10.10.07

HABERÁ UN MUSEO DE HISTORIA NATURAL EN FERROL ? – (10 outubro 2007)


A Sociedade Galega de Historia Natural manifestou nos medios de comunicación o día 9 de outubro, a súa preocupación polas noticias contradictorias que sobre a nova sede de “A Casa do Coronel” xurdiron nos últimos días.
Xa rematando o ano e coa ameaza doutro inverno de chuvias, é máis que probábel que tiñamos que continuar no vello edificio do “Hospicio” onde naceu e creceu a nosa colección, cheo de humidades e coa ameaza constante de chegar a realizar a nosa labor co ceo como testemuña.
O noso futuro, a “A Casa do Coronel”, é froito de difíciles negociacións para que se nos asignara este caserón, que consideramos apropiado para o noso Museo e as actividades conxuntas que a SGHN desempeña para o seu mantenemento, así como as seccións que a Entidade ven a realizar de estudios sobre o medio. Un edificio emblemático polo seu orixe, emprazamento e pola peculiar disposición en triángulo que mira cara a praza de Canido, situado por riba das que foran antigas murallas de Ferrol.
Un emprazamento propio para acoller tanto o “Museo da Natureza” e os servicios que este precisa, como a UCI de Lobos Mariños e Tartarugas e seccións tan novedosas como a Astronomía, que podería contar cunha cúpula de observación gracias ao estratéxico da situación do edificio. A pequena horta intramuros permite de igual xeito a manipulación e preparación das pezas que van a formar parte da exposición.
O certo é que pasaron máis de dous anos dende a primeira cesión, sempre en precario, nos que se efectuaron algúns traballos encamiñados a acoller o noso traslado. Neste tempo firmamos con diferentes Consellerías acordos de apoio tanto técnicos como monetarios para levar adiante un gran proxecto de Museo de Historia Natural, probablemente único en Galicia, coa condición de ter unha ubicación concedida en firme.
E hoxe o “Diario de Ferrol” recolle un comunicado que literalmente di: “El grupo socialista se está replanteando el futuro emplazamiento de la sede de la Sociedade Galega de Historia Natural, que en principio estaba previsto trasladar a la Casa del Coronel. Aunque su socio de gobierno (EU) sigue apostando por este emplazamiento, el alcalde indicó que habrá que estudiar detenidamente el futuro de cada metro cuadrado de la parcela en la que se encuentra este edificio”.
“El Alcalde de la ciudad, Vicente Irisarri, confirmaba ayer que no han adjudicado a la Casa del Coronel un uso definitivo, aunque aseguró que el “Museo da Natureza” no va a salir de Ferrol y el Concello va al luchar para cerrar las puertas de la ciudad para que no salga”.
“El problema viene dado por lo “apetecible” que resulta ahora la parcela del cuartel al ser ya propiedad municipal, de manera que el regidor no quiere precipitaciones”.
Creemos que xa non caben comentarios a este comunicado, tralo que, segundo informacións, se esconde unha oferta dun coñecido e valorado centro comercial para instalarse na parcela do que actualmente é a “Casa do Coronel”. Polo pronto temos que prepararnos para seguir aguantando este inverno e quen sabe canto tempo máis, as míseras condicións nas que amosamos os nosos fondos e nas que traballamos.
Estamos a piques de iniciar a época do ano na que os Lobos mariños se achegan ás nosas costas, animais feridos que seguiremos acollendo e coidando pese ás condicións precarias e en canto ao nivel de traballo, non vai a deterse, xa que un museo ten que estar sempre en crecemento, pese a que as autoridades locais non parecen considerar a nosa labor tan de primeira clase como o edificio que pretendemos.
Texto: Yosy

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio