17.3.08

“Museo da Natureza” da SGHN - FÓSILES DE CETÁCEOS – Estudio en profundidade por científicos internacionais – (12 – 14 marzo 2008)






Durante os días doce a catorce de marzo, o equipo de investigación internacional formado polos paleontólogos Dr. Klaas Post (departamento de paleontoloxía do Museo de Historia Natural de Rotterdam), Dr. Olivier Lambert (departamento de paleontoloxía do Museo de Ciencias Naturais de Bélxica) e Dr. Giovanni Bianucci (departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Pisa) visitaron o “Museo da Natureza” para estudar en profundidade os restos fósiles que se conservan na Sociedade Galega de Historia Natural. As conclusións e a publicación dos mesmos tardará un tempo, xa que aínda hai que procesar os datos obtidos e definir a liña de estudio que se pretende dar a esta investigación, pero xa podemos adiantar que o "Museo da Natureza" conta con dúas especies novas para a ciencia, dous holotipos conservados na SGHN, un deles corresponde a unha nova especie do xénero Choneziphius, máis grande que as coñecidas ata o momento, e outra é un novo xénero cladísticamente próximo ós Tusciziphius e Caviziphius descubertos por Klaas Post e Giovanni Bianucci anos atrás. Polo de agora seguiremos traballando neste campo, profundizando nas liñas de colaboración e de investigación abertas e co compromiso de retorno por parte do equipo para o próximo ano.
Os tres científicos mostraron en reiteradas ocasións o seu agradecemento polo excelente trato recibido pola SGHN e o seu apoio moral ante a situación que vivimos día a día nun edificio que se cae en anacos por momentos. Olivier Lambert, na rolda de prensa, reclamou unhas instalacións dignas tal e como se merecen dous holotipos e unha das coleccións máis importantes de Europa sobre mamíferos mariños.


Na tarde do seu derradeiro día de estancia en Ferrol, os tres investigadores acompañaron a membros da sección de Mamíferos Mariños da SGHN-CEMMA, nun varamento na praia de Doniños, continuando cun curto recorrido por algunhas praias da nosa costa.
-------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio