15.5.08

CALDEIRÓN COMUN (Globicephala melas) – A vergonza das Feroe


No “Diario Oficial das Comunidades Europeas” de fecha 4 de decembro de 2001, HILTRUD BREYER (Verts/Alemania), fai unha pregunta escrita á Comisión, que ten como asunto: “Pesca de baleas nas Illas Feroe”:


“Tendo en conta que desde fai tempo a sanguenta tradición de pesca de caldeiróns nas Illas Feroe é obxecto dunha grande indignación pública, rogo á Comisión que responda ás seguintes preguntas:

1 - Como establece o artigo 1 da Lei alemana de protección de animais, non está permitido causar danos a ningún animal sen razón lóxica para facelo. No caso da pesca de baleas nas Illas Feroe sométese a grupos enteiros de golfiños atlánticos-caldeiróns a unha agonía bestial. Mátase incluso a baleas preñadas e crías. ¿En que medida se corresponde isto cos ideais europeos sobre a protección dos animais?.




2 - ¿É lexítimo que Dinamarca remita á propia responsabilidade das Illas Feroe, respecto dos asuntos internos (interese cultural) cando se trata do sacrificio masivo de familias enteiras de caldeiróns, sendo así que apoia ás illas do Atlántico Norte con unha axuda económica de preto de 140 millóns de euros anuais provenientes dos fondos públicos?.



3 - Segundo as enquisas, os daneses están en contra da matanza de baleas nas Illas Feroe. Asociacións internacionais da saúde advirten que non é bo o consumo da carne de caldeiróns por estar contaminada con metais pesados. ¿Cómo pode ser que non se haxan tido en conta todos estes datos?.
4 - ¿É certo que unha parte considerable da carne dos mamíferos mariños que se matan non se destina ao consumo, senón que remata nos vertedoiros de lixo?.


5 - ¿Qué razóns tiña Dinamarca para ser o único país europeo que na derradeira reunión da Comisión Baleeira Internacional opúxose á creación dunha zona protexida para as baleas entre Australia e Nova Zelanda, fortalecendo así ás nacións que apoian a caza de baleas, Noruega e Xapón?.



6 - Outros países de Europa que anteriormente cazaban baleas, como Portugal, España e Gran Bretaña, fai moito tempo que renunciaron as súas tradicións relativas á captura de baleas, sen sufrir por elo ningunha perda cultural. ¿Comparte a Comisión Europea a opinión de que as Illas Feroe terían que actuar do mesmo xeito?.



Resposta da Sra. Wallström en nome da Comisión:

“Os cetáceos están estrictamente protexidos pola directiva sobre hábitats, que obriga a os Estados membros a adoitar medidas para garantirlles un estado de conservación favorable. No obstante, o Tratado CE non é de aplicación nas Illas Feroe e, polo tanto, tampouco son aplicables en ditas illas as disposicións baseadas no Tratado CE, cuxa finalidade é a protección da natureza.
A Comunidade non apoia ningún tipo de pesca de cetáceos nin de comercio dos productos obtidos a través destas actividades. A Comisión non dispón de datos específicos sobre a presencia de substancias contaminantes na carne destes animais nin de datos sobre o destino final de dita carne.
A Comisión avoga desde fai moito tempo pola prohibición definitiva da pesca comercial de baleas, pero a diferencia de opinións entre los Estados membros impediu á Comunidade adoitar unha posición común sobre a súa pertenza á Comisión Baleeira Internacional.
En canto ás demais cuestións, e en particular ás preguntas 2 e 5 da súa Señoría, corresponde ás autoridades danesas e non á Comisión respondelas.”



A Comisión segue ao día de hoxe sen atopar a maneira de poñer fin a este e outros delictos contra a vida nunha suposta Europa moderna e civilizada e esta falla de resolución nos imposibilita para ser mediadores e xulgadores doutros pobos que consideramos “o terceiro mundo”.
----------

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio