16.3.09

Puntualizacións sobre os GOLFIÑOS SOLITARIOS. ¿Qué facer?

Non existen os golfiños domésticos. Os golfiños, como os demais cetáceos, son animais salvaxes protexidos en España polo Real Decreto nº 1727/2007 de 21 de decembro de Medidas de Protección dos Cetáceos. Unha gran parte dos golfiños solitarios que percorren a costa son arroaces.
O Arroaz real, Delfín mular en castelán (Tursiops truncatus) atópase incluído na Directiva 92/43/CEE, de 21 de Maio, como especie de interese comunitario. O RD 1727/2007 no seu artigo 4 – Medidas xerais de protección di: “Deberá evitarse en el Espacio Móvil de Protección de Cetáceos (aquel cuyo perímetro sea el contorno de la superficie de un cilindro con un radio y altura de 500 metros y profundidad de 60 metros, la realización de cualquier conducta que pueda causar muerte, daño, molestia o inquietud a los cetáceos”.
Considerándose como que pode danar, molestar ou inquietar ós cetáceos circunstancias entre outras, como o contacto físico con embarcacións ou persoas, producir ruídos ou sons fortes ou estridentes e bañarse o mergullarse na zona de exclusión.
Pode parece que o animal é amigable e xoguetón e que disfruta do contacto coas persoas e para o noso normal comportamento humano, egocéntrico e simplista que nos fai disfrutar dun delfín tan divertido e especial, pode non entenderse por qué está mal alimentar esta conducta extraviada dun animal salvaxe, que mide máis de catro metros de lonxitude e pesa uns catrocentos quilos, co que esto supón se nos atopamos con el baixo a auga.
Pódese opinar o que se desexe sobre esta e outras cuestións, pero tamén se debe de coñecer a realidade de cada circunstancia a debater, neste caso a bioloxía dos animais, os seus problemas, os que nos lles ocasionamos ou poidamos ocasionar e as leis que existen a este respecto, evidenciando ante todo que non é un xoguete para o noso disfrute. Ningún animal o é, aínda que moitas veces se tomen como tal e rematen por elo tirados como obxectos rotos.
No noso deambular pola costa galega, fomos testemuñas dese comportamento inadecuado cos golfiños, as más das veces sen desexo inicial de facerlles mal, pero froito da ignorancia e do descoñecemento, que a fin de contas é a causa da maior parte dos males deste mundo. Recordo neste intre o caso dun pequeno golfiño, unha cría duns seis o sete meses de idade que froito de non se sabe que suceso, rematou perdido e aparentemente confuso nas augas someras da ría de Ares. Un grupo pequeno de individuos da manda á que pertencía acudiu tras el para recuperalo, iniciando un sorprendente baile no que os adultos xiraban ó redor do pequeno, empuxándoo nun intento de reconducilo cara ó mar aberto. Loitaban pola vida da cría e pouco a pouco foron conseguindo que o animal se centrara e seguira os seus movementos, ata que un individuo coa súa embarcación lanzouse contra o grupo dispersando ós animais e facendo co enfermo afundira. Individuo que interpretou a conducta animal como lle veu en gana e meteuse no que creou ver como unha festa, un espectáculo dos divertidos animais que na realidade ocultaba unha desesperada loita entre a vida e a morte.
Son moitos os golfiños solitarios enfermos, cunha conducta desviada, que non puideron adaptarse ó seu grupo de especie, a súa manda, que remataron a súa experiencia humana de mala maneira, mortos por eses simpáticos humanos que parecían divertirse tanto con el, pero que ante as molestias que finalmente o animal poidera causar, decidiron poñer fin a súa vida.
As imaxes, fotos e vídeos que enaltecen e amosan o comportamento de xogos de persoas con golfiños solitarios, alientan e animan a ese tipo de comportamento que a longo prazo prexudica o animal e dende logo é contrario ó texto dunha lei que custou tanto conseguir e que ven a protexer a unha especie con graves problemas de subsistencia. Yosy

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio