Tartaruga mariña BASTEIRA (Caretta caretta) – Saída da UCI
A tartaruga fora atopada na praia de A Basteira, en Cariño, a medidados do mes de marzo. Chegou ás augas tranquilas da ría, libre xa das redes que moi probablemente lle causaron a amputación da aleta pectoral esquerda.
Os aparellos de pesca abandonados, así como o lixo que se bota no mar, son unha das principais causas de mortandade das tartarugas.
Basteira continuo a súa recuperación no Acuarium Galicia, que colabora con este proxecto de recuperación, nadando novamente en auga de mar, que lle permite exercitar o seu corpo para a pronta lliberación.
Etiquetas: UCI Tartarugas mariñas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio